O camiño é o que nos ensina a mellor forma de chegar e nos enriquece ao mesmo tempo que o estamos cruzando"
(Paulo Coelho)

Amosando publicacións coa etiqueta Simbolos do camiño. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Simbolos do camiño. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de novembro de 2020

SÍMBOLOS DO CAMIÑO

 O alumnado de 3º E.P. está traballando os símbolos do Camiño na materia de Educación Artística: Plástica. 

O Camiño está cheo de símbolos xacobeos, entre eles a Cruz de Santiago que ten todo un legado histórico relacionado coa cultura xacobea. Destaca pola súa forma de cruz e espada. Tamén pola súa chamativa cor vermella, que simboliza o sangue derramado polo apóstolo Santiago.  

A concha do peregrino é o símbolo máis universal e coñecido do Camiño. Tradicionalmente, a todos os peregrinos que chegaban a Santiago de Compostela se lles daba unha concha de vieira para colocala no sombreiro ou na capa. Levar a concha era considerado como unha forma de tributo ao apóstolo.