O 30 de outubro, na "Hora de Ler", entregáronse os premios do concurso de cabazas. A coordinadora da biblioteca repartiu polas aulas un diploma por curso. Todos os participantes no concurso tiveron como obsequio un marcapáxinas.
“O camiño é o que nos ensina a mellor forma de chegar e nos enriquece ao mesmo tempo que o estamos cruzando"
(Paulo Coelho)
sábado, 31 de outubro de 2020
ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO DE CABAZAS
xoves, 29 de outubro de 2020
PREPARANDO A EXPOSICIÓN DO CONCURSO CABAZAS...
CONCURSO "CABAZAS PEREGRINAS, POLOS MUÍÑOS CAMIÑAN"
Todos os anos, polo Samaín, convócase un concurso de cabazas relacionado co proxecto anual no que participan as familias que, coma sempre, enviaron verdadeiras obras de arte.
Participaron 32 familias. A calidade e orixinalidade foi moi elevada.
O equipo de extraescolares preparou a actividade na zona cuberta do patio, enfrente ao ximnasio.
Para ver fotos as fotos, preme na imaxe.
luns, 12 de outubro de 2020
VÁKNER, SER MITOLÓXICO DO CAMIÑO DE SANTIAGO
Desde os equipos de Biblioteca e de Dinamización e Normalización Lingüística queremos dar entrada ao Samaín e ao Magosto a través dun ser mitolóxico relacionado cos Camiños de Santiago. A súa historia arranca no ano 1498, cando un bispo armenio emprendeu o camiño desde a súa terra ata Fisterra. Esta figura aparece e desaparece ao longo da historia ata chegar aos nosos días onde, disque, pérdese nos bosques que van dar a Fisterra...
Premendo na imaxe, podes acceder a un vídeo que narra a viaxe do bispo.
-
Para conmemorar o Día de Rosalía, o equipo de biblioteca propuxo a actividade "O Camiño rosaliano" baseada na ruta promovida e ...
-
Na semana do 26 ao 30 de abril, o alumnado de 5º E.P. participou na "Semana ,dos Camiños de Santiago", iniciativa promovida pola...









