Para conmemorar o Día de Rosalía, o equipo de biblioteca propuxo a actividade "O Camiño rosaliano" baseada na ruta promovida e creada en 1980 polo escritor Avelino Abuín de Tembra que el mesmo introducía deste xeito:
"A Ruta Rosaliana é un itinerario lóxico que segue a Vida de Rosalía de Castro, desde o lugar do seu nacemento, os diversos lugares onde ela viviu e remata onde repousan as súas cinzas. ( ...)
Percorre-los camiños que ela percorreu, meditar nos recantos en que Rosalía meditou. Identificarse intimamente con Rosalía, que é como identificarse con Galicia. Pero parece claro que a RUTA se pode adaptar ás conveniencias de cadaquén, tanto na súa extensión como na orde do recorrido. Esta é unha peregrinaxe de lembranzas íntimas. Un simple guión indicativo que se lles facilita aos viaxeiros que busquen rememorar a Rosalía como un latexo no noso corazón".
Todo o alumnado de Infantil e Primaria participou facendo un percorrido polos lugares máis singulares da vida da poetisa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario