Versátil Servizos Editoriais programou esta actividade para achegar ao mundo educativo a historia e realidade dos nosos camiños de peregrinación e cultura.
Desde a organización enviaron para todo o alumnado de 5º E.P. exemplares do libro "Sucedeu no Camiño Primitivo", que foi lido e comentado conxuntamente na aula.
Logo, o alumnado, investiguo en internet sobre distintos aspectos desa época ( século IX).
Finalmente, relataron, a través dunha banda deseñada, a orixe do Camiño Primitivo, de Oviedo a Santiago, sendo o primeiro peregrino o rei Afonso II para dar fe de que a tumba atopada no bosque do Libredón contiña os restos do Apóstolo Santiago.
Ningún comentario:
Publicar un comentario