O alumnado de 3º E.P. está traballando os símbolos do Camiño na materia de Educación Artística: Plástica.
O Camiño está cheo de símbolos xacobeos, entre eles a Cruz de Santiago que ten todo un legado histórico relacionado coa cultura xacobea. Destaca pola súa forma de cruz e espada. Tamén pola súa chamativa cor vermella, que simboliza o sangue derramado polo apóstolo Santiago.
A concha do peregrino é o símbolo máis universal e coñecido do Camiño. Tradicionalmente, a todos os peregrinos que chegaban a Santiago de Compostela se lles daba unha concha de vieira para colocala no sombreiro ou na capa. Levar a concha era considerado como unha forma de tributo ao apóstolo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario