O camiño é o que nos ensina a mellor forma de chegar e nos enriquece ao mesmo tempo que o estamos cruzando"
(Paulo Coelho)

Amosando publicacións coa etiqueta PDI "Facemos camiños". Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI "Facemos camiños". Amosar todas as publicacións

venres, 18 de xuño de 2021

DECÁLOGO DO PEREGRINO

Se tedes pensado facer o Camiño de Santiago, prestade atención ao que nos propón o alumnado de 3º E.P. do CEIP "Os Muíños". Desde a súa experiencia e a través do decálogo do peregrino móstranos as principais necesidades que poden axudar a calquera camiñante. 

venres, 11 de xuño de 2021

CAMIÑO DE SANTIAGO: DESDE OS MUÍÑOS ATA MUXÍA

O venres 11 de xuño, o alumnado de 5º E.P. percorreu un tramo do Camiño de Santiago desde os Muíños ata Muxía.

Se queres acompañalos nesa aventura, preme na imaxe.



venres, 26 de marzo de 2021

FESTIVAL DE POESÍA "CAMIÑOS EN VERSO"

O 26 de marzo demos remate ao 2º trimestre co Festival de Poesía "Camiños en verso" no que participou todo o alumnado desde Infantil a 6º de E.P. recitando poemas relacionados con cadanseu camiño. Presenta o festival o Voluntariado de 6º E.P.


4º5º INFANTIL: "DE FERROL ATA SANTIAGO"
6º INFANTIL: "O CAMIÑO DO NORTE"
1º-2º E.P.: "DE OVIEDO ATA SANTIAGO"
3º E.P.: "DE SANTIAGO A MUXÍA"
4º E.P.: "DE LISBOA A SANTIAGO"
5º E.P.: "PERCORRENDO O CAMIÑO FRANCÉS"
6º E.P.: "CAMIÑO DA PRATA"

venres, 5 de marzo de 2021

CANDO SE ATOPARON OS RESTOS DO APÓSTOLO?

O alumnado de 5º E.P. inscribiuse este curso, por primeira vez, no programa promovido pola Voz de Galicia "Prensa-escola" que pretende fomentar o uso da prensa na aula como unha ferramenta pedagóxica máis.

Todos os mércores, na Hora de Ler, len a prensa e deseñan actividades relacionadas co PDI "Facemos camiños".

Neste caso a actividade consiste en buscar información sobre o achado dos restos do apóstolo: nome do ermitán que deu co lugar; nome do bosque no que agora está a catedral; como foron trasladados os restos desde Terra Santa ata Santiago...

Primeiro localizan a información na noticia e a marcan cun subliñador. 

Despois responden un cuestionario que teñen na libreta. 

Finalmente localizan nun mapa lugares que se nomean, como Santiago, Iria Flavia e Oviedo.

venres, 18 de decembro de 2020

XACOBEO 2021

Os peregrinos de 3º, na última sesión de plástica do ano 2020, preparándose para o XACOBEO 2021. Debuxaron cadanseu peregrino coa equipaxe necesaria para iniciar o camiño: sombreiro, capa, botas, bastón, zurrón, máscara...

O Xacobeo ou Ano Santo Compostelán é un ano especial para o Camiño de Santiago. O ano Xacobeo ten lugar cada seis, cinco, seis e once anos. Isto acontece cando o 25 de xullo, Día de Santiago Apostol, cadra en domingo. Esta coincidencia dase catorce veces cada século. E este 2021 é unha delas. 

xoves, 17 de decembro de 2020

"NADAL NOS CAMIÑOS"

Grazas á colaboración de todo o alumnado e mestres, así luce a nosa árbore.

Aquí tedes o vídeo da actividade:
Algúns dos traballos nas aulas...
6º Infantil
1º2º E.P.
3º E.P.
Premendo na imaxe accederás ás fotos 👍