O alumnado de 5º E.P. inscribiuse este curso, por primeira vez, no programa promovido pola Voz de Galicia "Prensa-escola" que pretende fomentar o uso da prensa na aula como unha ferramenta pedagóxica máis.
Todos os mércores, na Hora de Ler, len a prensa e deseñan actividades relacionadas co PDI "Facemos camiños".
Neste caso a actividade consiste en buscar información sobre o achado dos restos do apóstolo: nome do ermitán que deu co lugar; nome do bosque no que agora está a catedral; como foron trasladados os restos desde Terra Santa ata Santiago...
Primeiro localizan a información na noticia e a marcan cun subliñador.
Despois responden un cuestionario que teñen na libreta.
Finalmente localizan nun mapa lugares que se nomean, como Santiago, Iria Flavia e Oviedo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario