"Pasiño a pasiño, facemos o camiño" é unha actividade proposta por Marcos, o mestre de Educación Física, en colaboración co equipo de biblioteca, que consiste en realizar o Camiño de Santiago nas zonas exteriores do colexio.
Para levar a cabo a actividade elaborouse unha ruta sinalizada de 400m que nos indica o percorrido do camiño desde o principio ata o final.
Para non coincidir os cursos, cada aula dispón dun calendario cun horario establecido.
Pasiño a pasiño, cada curso fai o seu camiño contabilizando e sumando os metros percorridos de todas as persoas que compoñen o grupo.
O rexistro lévase a cabo nas aulas a través de murais que indican as distintas etapas, credenciais, mapas... A idea é que a remate de curso, cada clase teña contabilizados o total de kilómetros realizados en cadanseu camiño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario