Como son tempos de Nadal, a biblioteca propón unha actividade colaborativa para darlle forma á nosa árbore "Nadal nos Camiños".
A actividade consiste en facer entre todos unha árbore de frechas amarelas co nome dos lugares dos camiños escollidos.
Entrégase modelo por número de alumnado/curso.
En cada frecha escríbese o nome dun lugar do camiño e decóranse as letras a gusto. Despois píntase o fondo de cor amarelo.
Faremos a árbore o xoves, 17 de decembro, na zona cuberta do patio, en horario escalonado:
- Infantil: "Hora de Ler"
- 1º2º E.P.: 15.00 - 15.10h.
- 3º E.P.: 15.15 - 15.25h.
- 4º E.P.: 15.30 - 15.40h.
- 5º E.P.: 15.45 - 15.55h.
- 6º E.P.: 16.00 - 16.10h.
·
Ningún comentario:
Publicar un comentario