O camiño é o que nos ensina a mellor forma de chegar e nos enriquece ao mesmo tempo que o estamos cruzando"
(Paulo Coelho)

mércores, 23 de decembro de 2020

FESTIVAL VIRTUAL "NADAL NOS CAMIÑOS"


O martes 22 de decembro demos remate ao 1º trimestre co festival de Nadal virtual no que participou todo o alumnado de Infantil e Primaria.
Esta actividade, proposta polo EAE, está relacionada co proxecto anual polo que o tema principal foi "O camiño de Santiago" baixo o lema "Facemos camiños". Cada curso fixo unha actividade relacionada co camiño escollido. 
O festival leva o nome "Nadal nos camiños" e preséntao o alumnado do Voluntariado de 6º E.P. 
           Preme AQUÍ para ver o programa de actividades.
Comezan os peregrinos de 4º-5º de Infantil coa panxoliña 
 "De Coruña ata Santiago"
Continúan os de 6º de Infantil coa panxoliña 
"Polo Norte camiñando"
Chega a quenda dos peregrinos de 1º e 2º E.P.  co Remix  
"De Oviedo ata Santiago"

Os de 3º E.P amenizan o festival  cunha obra de teatro
"Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía"
Os peregrinos  de 4º E.P.  deléitannos cunha cantiga e danza
 "Indo eu"
E chega o quenda  de 5º E.P.  coa cantiga 
"De Roncesvalles a Santiago"
Dan remate ao festival os  de 6º E.P. co documental  
"A Vía da Prata"

Ningún comentario:

Publicar un comentario