O camiño é o que nos ensina a mellor forma de chegar e nos enriquece ao mesmo tempo que o estamos cruzando"
(Paulo Coelho)

martes, 13 de outubro de 2020

COMO NOS PREPARAMOS PARA O SAMAÍN?

Agora que se achega o Samaín, imos prepararnos para afrontar o medo partindo dunha lenda do camiño arredor da figura do Vákner. Coñeceremos os camiños que levan a Santiago e a Fisterra, o noso medio,  e as nosas tradicións que explican o comezo da estación do outono e o inicio da escuridade.

ACTIVIDADE: Cada grupo debe crear un conto de medo, relacionado co camiño escollido, incluíndo como protagonista ou personaxe a figura do Vákner.

O conto debe estar escrito e ilustrado polo alumnado, para logo facer entre todos un libro de terror, que se titulará “Terror nos camiños” e será incluído na sección de “Creación propia” da biblioteca. 

Cada grupo debe ocuparse tamén de gravar o relato para difundilo no blog.

Último día de entrega do conto: venres 6 de novembro.

 Último día de entrega do vídeo: venres, 30 de outubro.

Entre todos os contos, o que resulte mellor valorado, será enviado para a súa publicación na Voz de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario