O camiño é o que nos ensina a mellor forma de chegar e nos enriquece ao mesmo tempo que o estamos cruzando"
(Paulo Coelho)

martes, 22 de xuño de 2021

REMATE DO CAMIÑO

Este ano, o peche de curso celebrouse no patio do colexio onde se xuntaron todos, alumnado e mestres,  para desfrutar das actividades programadas para este remate do camiño.

Inicia o alumnado de 6º de E.P. co xogo da "Oca do camiño".

"DE VIEIRA EN VIEIRA 

E TIRO PORQUE CAMIÑANDO VOU ONDE QUEIRA".

Susana, Sandra e Bea, compoñentes do equipo de biblioteca, fan entrega dos diplomas e mochilas ao alumnado do Voluntariado de 5º e 6º E.P.

O alumnado de 6º dá remate a esta festa a ritmo de
 "LIMBO JUST DANCE" 
MOITA SORTE NA NOVA ETAPA QUE COMEZADES!
BO VERÁN!

venres, 18 de xuño de 2021

ANUNCIAMOS ...

O alumnado de 6º envíanos un folleto de invitación para xogar a Oca do Camiño o 22 de xuño, na festa de Fin de curso.

DECÁLOGO DO PEREGRINO

Se tedes pensado facer o Camiño de Santiago, prestade atención ao que nos propón o alumnado de 3º E.P. do CEIP "Os Muíños". Desde a súa experiencia e a través do decálogo do peregrino móstranos as principais necesidades que poden axudar a calquera camiñante. 

venres, 11 de xuño de 2021

A OCA DO CAMIÑO

Durante o terceiro trimestre, o alumnado de 6º E.P. e o seu titor deseñaron no patio do colexio o taboleiro da xogo da "Oca do Camiño". 



Premendo na imaxe, accederás ás fotos da actividade.

Seguro que moitos de vós xogáchedes a este famoso xogo popular pero... Sabedes de onde procede? Sabedes cal é a súa historia? 
Preme AQUÍ

CAMIÑO DE SANTIAGO: DESDE OS MUÍÑOS ATA MUXÍA

O venres 11 de xuño, o alumnado de 5º E.P. percorreu un tramo do Camiño de Santiago desde os Muíños ata Muxía.

Se queres acompañalos nesa aventura, preme na imaxe.